altermundo.org
altermundo.org é un espazo creado para achegar ese outro mundo posíbel á comunidade galegofalante da rede. É un cornecho de reflexión que, dende Galiza, se abre aos que andan na procura dunha globalización alternativa ao neoliberalismo. É, xa que logo, coñecemento, debate, rebelión e Terra.
Dende Galiza, altermundo.org fai seu ese lema zapatista de abaixo e á esquerda está o corazón para camiñar outros camiños, para percorrer as novas e esperanzadoras corredoiras do social, que se opoñen ás cínicas e esgotadas vías políticas que esnaquizan a humanidade. Como ten que ser…
- Para coñecer o plan de traballo de altermundo.org preme aquí .
- Se queres colaborar, non tes máis que rexistrarte para que o administrador che dea permiso para publicar. Podes facelo aquí .