Mesa redonda

Mesa redonda

Asociación IV ciclo Universitario do Campus de Lugo: Proxección de "Unha lousa sobre o Courel"


Asociación IV ciclo Universitario do Campus de Lugo: Proxección de "Unha lousa sobre o Courel"

O próximo martes, 13 de maio, organizado pola Asociación IV ciclo Universitario do Campus de Lugo, terá lugar no Salón de Actos de Escola de Maxisterio (Avda. Ramón Ferreiro) a proxección do filme documental "Unha lousa sobre o Courel" e posterior coloquio co director Henrique Banet e coa actriz Mabel Rivera, productora e narradora do documental.

O acto dará comezo ás 19,30 h. coa proxección da película. A partir das 20,30 será o coloquio no que participará, ademais de Mabel Rivera e Henrique Banet, algún representante da Asociación "SOS Courel".

Xosé Valcárcel Sánchez
Secretario
Asociación IV ciclo Universitario


Salón de Actos

Escola de Maxisterio

Avda. Ramón Ferreiro

Lugo

Galicia

Presentación do libro "La aurora de los enanos. Decadencia y caida de las universidades europeas"


Presentación do libro "La aurora de los enanos. Decadencia y caida de las universidades europeas"

La aurora de los enanos

O segredismo, a desinformación, a manipulación e a falta de debate sobre todo o que ten que ver co denominado Espazo Europeo de Educación Superior, ou tamén proceso de Boloña, ten a súa contraparte na espeluznante "procesión dos caladiños" que actualmente semellan ser as universidades. Como almas en pena, as comunidades universitarias, sumisas e impasibles, atónitas ante o inexorable, parecen dispostas a tragar carros e carretas sen outra reacción que a de abrir ben a boca para facilitar o tránsito.

O libro do Profesor José Carlos Bermejo Barrera "La aurora de los enanos. Decadencia y caida de las universidades europeas" constitúe unha hilarante á vez que ácida sátira sobre as actuais tendencias mercantilizadoras da Universidade.

Na presentación do libro, que terá lugar o vindeiro xoves, día 24 de maio, as 20. h., no salón de actos da Facultade de Filosofía da USC, intervirán:

  • José Carlos Bermejo Barrera, autor do libro e Catedrático de Historia Antiga
  • Santi Jiménez, ilustrador e artista
  • Xosé Luis Barreiro Barreiro, Catedrático de Filosofía
  • Marcial Gondar Portasany, Catedrático de Antropoloxía
  • Juan Carlos Pardo Pérez, Titular de Psicoloxía da Educación e coordinador de fírgoa
  • Alfonso García Tobío, Titular de Psicoloxía da Educación e coordinador de fírgoa

La aurora de los enanos - Cartel

(Descargar cartel en PDF


Salón de Actos

Facultade de Filosofía

Praza de Mazarelos

Santiago de Compostela

Xavier Vence: O fracaso neoliberal na Galiza

EDICIÓNS A NOSA TERRA

PRESENTACIÓN NA GALERÍA SARGADELOS

O FRACASO NEOLIBERAL NA GALIZA  
AUTOR: XAVIER VENCE
Colección Campus Edicións A Nosa Terra

XOVES, 26 DE MAIO. 20.30 HORAS

Coa participación de:
XAN CARBALLA
XOSÉ MANUEL BEIRAS
XOSÉ LUÍS BARREIRO RIVAS
XAVIER VENCE

A pesares da arrogancia que lle permite toda a fanfarria de medios de adoutrinamento de masas, o neoliberalismo está fracasando e levando á ruína a aquelas sociedades que o abrazan. Á periferia, o elo máis fébel e vulnerábel, tocalle a pior parte. O segundo fracaso histórico do neoliberalismo está xa a vista de calquera que se atreva a correr o velo da propaganda. Galiza é un bon exemplo. O neoliberalismo está a converter o proceso de modernización da economía e da sociedade galegas nun calvario máis que nun ascenso na escada do benestar. O seu corolorario máis rechamante é a desfeita demográfica, o diario estado de malestar de amplas capas da poboación. A iso únese a depredación de recursos e do medio natural. Toda esa experiencia de fracaso é sometida a escrutinio neste libro: modelo económico, políticas de desregulación, privatizacións, política clientelar, concentración de empresas, paro, condicións de vida, desigualdades, destrucción do medio, etc. Unha crítica que abre paso a propostas para revirar a situación, na convicción de que urxe a mobilización activa da intelixencia e das ideas para impedir que a arrogancia simplista dos neoliberais se traduza en derrotismo e desestimento do resto da sociedade. Un libro concebido tamén como loita de ideas.

XAVIER VENCE DEZA é Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Coordena o grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento Económico) e da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos. Entre 1991-95, foi Director do IDEGA. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. Leva publicados máis dun centenar de libros e artigos en revistas profesionais de ámbito galego e internacional.

Promocións Culturais Galegas S.A.
Edicións A Nosa Terra
Rúa Príncipe, 22 baixo, 36200, Apartado 1371, Vigo.
Tlf. 986 222 405. Fax 986 223 101
www.anosaterra.com
info@anosaterra.com

Xavier Vence: O fracaso neoliberal na Galiza

EDICIÓNS A NOSA TERRA

PRESENTACIÓN NA CASA DO LIBRO

O FRACASO NEOLIBERAL NA GALIZA  
AUTOR: XAVIER VENCE
Colección Campus Edicións A Nosa Terra

VENRES, 13 DE MAIO. 20.00 HORAS

Coa participación de:
AFONSO EIRE
XOSÉ MANUEL BEIRAS
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN
XAVIER VENCE

A pesares da arrogancia que lle permite toda a fanfarria de medios de adoutrinamento de masas, o neoliberalismo está fracasando e levando á ruína a aquelas sociedades que o abrazan. Á periferia, o elo máis fébel e vulnerábel, tocalle a pior parte. O segundo fracaso histórico do neoliberalismo está xa a vista de calquera que se atreva a correr o velo da propaganda. Galiza é un bon exemplo. O neoliberalismo está a converter o proceso de modernización da economía e da sociedade galegas nun calvario máis que nun ascenso na escada do benestar. O seu corolorario máis rechamante é a desfeita demográfica, o diario estado de malestar de amplas capas da poboación. A iso únese a depredación de recursos e do medio natural. Toda esa experiencia de fracaso é sometida a escrutinio neste libro: modelo económico, políticas de desregulación, privatizacións, política clientelar, concentración de empresas, paro, condicións de vida, desigualdades, destrucción do medio, etc. Unha crítica que abre paso a propostas para revirar a situación, na convicción de que urxe a mobilización activa da intelixencia e das ideas para impedir que a arrogancia simplista dos neoliberais se traduza en derrotismo e desestimento do resto da sociedade. Un libro concebido tamén como loita de ideas.

XAVIER VENCE DEZA é Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Coordena o grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento Económico) e da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos. Entre 1991-95, foi Director do IDEGA. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. Leva publicados máis dun centenar de libros e artigos en revistas profesionais de ámbito galego e internacional.

Promocións Culturais Galegas S.A.
Edicións A Nosa Terra
Rúa Príncipe, 22 baixo, 36200, Apartado 1371, Vigo.
Tlf. 986 222 405. Fax 986 223 101
www.anosaterra.com
info@anosaterra.com

USC - Mesa redonda: A crise económica da USC e as súas consecuencias

Organizan: Comites Abertos de Facultade (CAF)

Interveñen:

  • Miguel A. Vázquez Taín, Vicerrector de Economía e Financiamento
  • Xavier Vence Deza, Catedrático de Economía Aplicada
  • Alberte Pérez Viso, delegado sindical da CIG
  • Rafael Dopico, delegado de campus dos CAF
Distribuir contido