Proxecto fírgoa

Desenvolvemento organizativo, tecnolóxico e de contidos do proxeto fírgoa
Imaxe de O Garcia do Outeiro

Antom Fente Parada: Líbia, umha guerra de manual

Antom Fente Parada: Líbia, umha guerra de manual

Caiu Muammar Khadaffi e Europa e os EUA falam de reconstruçom e de grandes somas de dinheiro para reflotar a economia líbia. Podemo-nos sentir fachendosos do bom fazer e obrar dos nossos dirigentes sempre atentes a exportar a "democracia" lá onde o ouro preto sai da terra. Queiramos ou nom a guerra de Líbia, sob a camuflagem de guerra incivil, configura o novo modus operandi  do imperialismo dos direitos humanos. A diferença do iraque supom umha nova forma de interferir num Estado soberano para benéficio das elites ocidentais em que o desgaste do império é menor, a sua imagem nom se resente e os benefícios correrám a regueiros.

A guerra de Líbia é a morte matada da primavera dos povos árabe. Umha dupla morte, dumha banda pom-se fim à soberania líbia mediante as dívidas contraídas com occidente, coma sempre em meio dumha guerra, e assumindo nom só a dívida do bando ganhador mas também com toda certeza as dívidas da Líbia de Khadaffi. Doutra banda, esmagará-se o nível de vida da populaçom local e provavelmente vivirá-se umha involuçom nos direitos colectivos e individuais baixo a extrema direita islámica que já impuxo a lei islámica como fundamento do direito do futuro estado "democrático".

Prolongar a guerra de Líbia era umha boa forma de nom sujar as maos directamente enquanto os impostos das populaçons dos estados occidentais (contrárias à guerra maioritariamente) pagavam os bombardeios, enquanto eles proprios som bombardeados por pacotes de mais e mais austeridade. Richard Armitage, ex-subsecretário de Estado indicou para o Iraque que a forma de conduzir a guerra da "coligaçom" fora demasiado branda. Em sua opiniom devia-se tomar nota de Alemanha e Japom após a II Guerra Mundial, quando a populaçom ficou exausta e profudamente paralisada (em estado de shock) a raíz do acontecido. Assim, umha vitória muito rápida frente às forças inimigas impediu que a gente se sinta atemorizada como nos casos aludidos e, portanto, "os EUA enfrentam-se a umha populaçom iraquiana à que o shock e a conmoçom nom lhe figérom efeito" [1].  O imperialismo dos direitos humanos, tal e como o historiador Eric Hobsbawn o tem denominado, mais umha vez actua seguindo o seu manual:

A persistência da firme linha de continuidade até o presente revela mais uma vez que os EUA parecem-se muito a qualquer estado poderoso. Perseguem os interesses estratégicos e económicos dos sectores dominantes da sua populaçom, ao som dumha fanfarria retórica sobre a sua dedicaçom aos valores mais elevados. Trata-se praticamente dum universal histórico, e é o motivo pelo que a gente sensata empresta pouca atençom às declarações de nobres intençons dos dirigentes ou os elogios de seus seguidores [2].

 A Líbia do ditador Khadaffi cumpre lembrar que era um estado com uns níveis de serviços sociais à cabeça do continente africano, com o nível educativo e a esperança de vida mais elevados de África algo que reconhecem até os que agora o pintam como inimigo público de Ocidente enquanto há dous dias se abraçavam a ele e nos diziam que era um "amigo" que combatia a Al-Qaeda [3].

Andrés Pedreño Muñoz: Firgoa, ideas para el cambio

Andrés Pedreño Muñoz: Firgoa, ideas para el cambio

Andrés Pedreño Muñoz, Catedrático de Economía Aplicada e ex-Reitor da Universidade de Alicante, ex-Presidente de Universia e recoñecida autoridade no ámbito dos usos educativos das novas tecnoloxías, publica no seu blog unha breve reseña de fírgoa que non nos resistimos a reproducir:

Intentando encontrar materiales que vinculen la participación de los blogs a la docencia me encuentro con Firgoa, un excelente proyecto impulsado desde la Universidad de Santiago de Compostela que constituye un atractivo y cuidado espacio comunitario para impulsar la innovación educativa, las redes universitarias de colaboración, la creación de conocimiento bajo la filosofía del “open source”.

En Firgoa hay una enorme cantidad de materiales aportados y de información útil y puesta al día por su comunidad de miembros en relación a temas como el e-learning, software libre y actualidad universitaria.

Agradecémoslle ao profesor Pedreño tan eloxiosa nota.

Máis de Andrés Pedreño:

fírgoa: crecemento e problemas

fírgoa: crecemento e problemas

Nos últimos tempos fírgoa está tendo problemas derivados do seu propio crecemento. O constante incremento de accesos está levando ao seu límite as posibilidades da limitada plataforma de hardware de que dispomos, o que nos obrigará en prazo breve a buscar alternativas capaces de dar resposta á crecente demanda.

En apenas 11 meses (desde o 1 de abril de 2005 ata o 7 de marzo de 2006) fírgoa tivo 1.210.250 visitas, servíu 192.044.069 KBytes, 4.439.891 páxinas, 8.196.039 arquivos e recibíu 11.937.879 hits. O promedio de visitas diarias no presente mes de marzo é de 5.614, o cal leva a que, cada vez con maior frecuencia, se bloquee o servidor, sobre todo en horas punta. Mentras buscamos unha solución adecuada a estes problemas, pregámoslles aos nosos usuarios pacencia e comprensión.

fírgoa fora de servizo o pasado fin de semana

fírgoa fora de servizo o pasado fin de semana

A tormenta que caeu en Santiago o pasado sábado deixou fora de servizo a rede informática da USC, que non foi recuperada ata o luns pola mañá, motivo polo cal fírgoa non estivo accesible. Pedimos excusas aos nosos usuarios.

Actualización de fírgoa

Nos últimos días o equipo de fírgoa procedeu a unha gran actualización de fondo das aplicacións que dan soporte ao sitio. En concreto, actualizouse Drupal á última versión, a 4.6, que mellora e amplía considerablemente as súas funcionalidades.

Ao tempo, desenvolveuse un tema propio que cambia a aparencia do sitio, facéndoa máis consistente, á vez que consigue unha máis doada lexibilidade dos documentos en pantalla.

Se ben o conxunto do sitio é nestes momentos estable, é necesario reaxustar o funcionamento de diversos módulos. De tal xeito, nos vindeiros días poderá  observar que se irán producindo cambios, tanto na aparencia como na organización dos contidos, como consecuencia dos axustes que é necesario ir acometendo a fin de despregar o conxunto das funcións perseguidas.

Pedímoslles disculpas polos inconvenientes que este proceso poida ocasionar. 

fírgoa

Alfonso García Tobío e Juan Carlos Pardo Pérez: Código aberto na USC

USC: Código aberto na USC

O pasado venres día 15 daba conta o Xornal electrónico da USC (nova recollida en fírgoa) de que na próxima reunión do Grupo de Traballo de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), que se celebrará o próximo luns, día 18, en Sevilla, baixo a presidencia do seu responsable o reitor da USC, Senén Barro, vanse abordar de xeito monográfico diversos aspectos relacionados coa e-Learning, con especial atención ás plataformas de e-learning baseadas en código aberto. A tal efecto, o subdirector do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTa) da USC, José A. Vila Sobrino, presentará o relatorio titulado Selección dunha plataforma de aprendizaxe en código aberto para a USC.

Cremos que é unha excelente idea que a USC, en conxunción con outras Universidades, seleccione unha plataforma tecnolóxica que responda ás características e ás necesidades derivadas do novo modelo educativo centrado nos alumnos que se quere desenvolver, modelo sobre cuxa, digamos, "conveniencia" parece existir hoxe un consenso xeralizado.

Obviamente, ese modelo que se quere construír debe ser colectivamente pensado e planificado, debe de ser explícita a súa formulación e as dimensións e procesos implicados. Non de outra forma se poderá seleccionar axeitadamente a plataforma tecnolóxica adecuada.

Desde o enfoque constructivista sobre o que se sustenta a nosa práctica docente, e entendendo que a educación, ao igual que o coñecemento, é un ben común, temos seleccionadas e implementadas unha serie de aplicacións de código aberto que, en conxunto, consideramos que nos ofrecen un magnífico soporte. A plataforma tecnolóxica que utilizamos combina diferentes ferramentas que van dirixidas a amplificar e potenciar as capacidades de información, comunicación e interacción entre os participantes: entre profesores e alumnos, entre alumnos e entre profesores; e tamén, ao tempo, a interacción de todos eles cos contidos, cos procedementos e coas ferramentas de aprendizaxe.

Utilizamos, en primeiro lugar, Drupal, un sistema de xestión de contidos extraordinariamente flexible, potente e doado de manter e de utilizar, que nos ofrece unha amplísima capacidade de edición e, por iso, de información. Drupal actúa como repositorio de documentación de acceso aberto (open access), como memoria colectiva, como ámbito de análise, de reflexión e de avaliación, como fonte de novas. Utiliza os blogs e os wikis  para facilitarlles aos usuarios a edición, que chega a ser casi trivial, polo que a curva de aprendizaxe é moi elevada. Usa a tecnoloxía RSS para recibir e enviar información a outros servidores, polo que as potenciais fontes de información son numerosísimas e en aumento. A tecnoloxía de Drupal posibilita desenvolver unha "nube" de servidores que se alimenten e se actualicen mutuamente, o que podería ser una solución poderosa se se pensara nunha arquitectura tecnolóxica de campus descentralizada (ou de centro, ou de departamento...).

Existen moitas alternativas a Drupal: Typo3, SPIP, Postnuke, Midgard, Magnolia, Cofax, OpnCms e moitísimas máis, cada unha delas coas súas características, peculiaridades, valores e limitacións. Na valoración que fixemos, chegamos a conformar a opinión de que o mellor sistema de xestión de contidos actualmente existente é Zope, que ademáis está tendo un proceso de evolución moi rápido. Sen embargo, Zope ten maiores esixencias de instalación, adaptación e mantemento que outras aplicacións, esixencias que se reduciron moitísimo nas últimas versións de Zope, Plone e CMF, pero que no noso caso constituíron un motivo de peso para a selección de Drupal. Un CMS de aparición relativamente recente, Mambo, está concitando moitas espectativas, polo que sería conveniente seguir a súa evolución.

Utilizamos, complementariamente, Moodle, o actual estándar de facto en sistemas de xestión da aprendizaxe. Na nosa opinión (despois de utilizalo todo o pasado curso 2003/04 en catro asignaturas de titulación de Psicopedagoxía, e polo coñecemento que temos doutras ferramentas semellantes), é  o mellor SXA que existe hoxendía. De extraordinaria potencia, flexibilidade e sinxeleza de utilización, resulta asemade doado de instalar e de manter. No noso caso, ademáis, temos que dicir que responde extraordinariamente ben ao modelo pedagóxico constructivista sobre o que desenvolvemos as nosas actuacións docentes: planificación e programación, articulación flexible e reutilizable de contidos, traballo en grupos, comunicación, avaliación formativa, son algunhas das dimensións do noso quefacer educativo que se ven potenciadas por Moodle. Non en van Moodle está construído explicitamente sobre un modelo educativo constructivista social. Na nosa opinión, a USC debera, sen descartar outras posibilidades complementarias, considerar seriamente a implementación e valoración de Moodle.

Tamén, como non podía ser doutro xeito, existen moitas alternativas a Moodle. Por só mencionar algunhas: ATutor, Baguelus LCMS/LMS, Bazaar, Bodington, Claroline, Class Web, Course Work, Dokeos, E-Education 3.0, Eledge, Fle3, Ganesha, Ilias, Interact, Ivle, KEWL 1.2, LearnLoop, Lon-Capa, Mimer Desk, Olat, Open Learning Management System. (O-LMS), Open LMS., Open USS, Pfp Lms, Segue, Spaghetti Learning, The Manhattan Virtual Classroom, TraCorp, Uni Open Platform., WBT Master, White Board. Entre outras, existen dúas iniciativas das que, na nosa opinión, habería que seguir a evolución: a primeira e OKI, e a segunda .LRN.

Un terceiro instrumento de comunicación que utilizamos en fírgoa é Jabber, o estándar dos sistemas de mensaxería instantánea de código aberto. É outra das ferramentas que entendemos que debera implementar de inmediato a USC. A dependencia de servidores externos, como é o caso cando se utiliza Messenger, Yahoo ou sistemas semellantes, coloca á USC nunha situación de debilidade que debera, na nosa opinión, ser corrixida en prazo curto.

As tres aplicacións funcionando en conxunto, constitúen unha poderosa plataforma de información, de comunicación, de ensinanza e de aprendizaxe que, polo momento, nos resulta altamente satisfactoria. Claro é que no terreo das tecnoloxías a evolución é rapidísima, polo que é imprescindible estar continuamente ao tanto dos novos progresos de cara a avaliar os seus potenciais usos educativos. A innovación debe ser unha constante.

De interese para os nosos propósitos parécenos así mesmo un contorno de colaboración, ou, dito doutro xeito, unha ferramenta de groupware. Certo é que o concepto de groupware resulta actualmente, e cada vez máis, borroso. Existen moitas aplicacións que facilitan a colaboración: o correo electrónico, os chats, os blogs, os wikis... De feito, Internet, desde as súas orixes, foi entendida en sí mesma como unha rede de colaboración. As tres aplicacións ás que xa nos referimos, Drupal, Moodle e Jabber, incorporan (e cada vez máis) módulos e funcionalidades de colaboración. No seu momento, tivemos MimerDesk (unha ferramenta específica de groupware que actualmente se denomina Dicole MimerDesk) implementado en fírgoa. Diversos fallos de seguridade no sistema de permisos, o non ser compatible con LDAP, e a súa progresiva "empresarialización", nos recomendaron realizar unha nova avaliación en profundidade para seleccionar unha aplicación que o sustitúa. A impresión que temos cando practicamente concluímos a avaliación, é que este tipo de aplicacións sufríu unha forte evolución no último ano, polo que existen moi boas alternativas que será necesario contrastar co seu uso en situacións reais, tanto en termos técnicos como pedagóxicos, atendendo asemade á súa potencial complementariedade ou colisión coas outras aplicacións en uso. Durante o presente curso, fírgoa procurará ter implementada a aplicación que resulte seleccionada.

Un último ámbito que estamos a explorar, e que cremos que debera tomarse en serio a USC, é o dos repositorios institucionais de documentación. Dado o fortísimo impacto que sobre as Universidades está a ter o movemento Open Access, traducido, por exemplo, en Gran Bretaña no Science and Technology - Tenth Report aprobado pola Cámara dos Comúns a finais de xullo pasado, parece de suma importancia seguir a evolución das aplicacións de código aberto específicamente dirixidas á creación de repositorios institucionais. Os nosos alumnos non só deberan formarse no seu uso de cara ao seu futuro profesional, senón tamén beneficiarse dos seus potenciais e probables usos educativos. Aínda que Drupal cubra en parte as funcións de repositorio, fírgoa está a estudiar a posibilidade de implementar a medio prazo unha aplicación especificamente deseñada para tal uso.

Parece que non ten moito sentido utilizar aplicacións de código aberto correndo sobre sistemas operativos propietarios, tales como Windows. As vantaxes do código libre, en toda a súa amplitude, son manifestas tamén na arquitectura tecnolóxica de base sobre a que se constrúa a plataforma de aprendizaxe. A tal efecto Linux parece ser con claridade a alternativa de elección. En canto ás distribucións de Linux existentes, SUSE está atraendo a atención de moitos técnicos e usuarios, polo que entendemos que debera ser a opción de preferencia. Apache, PHP e MySql son outros importantes elementos irrenunciables da arquitectura tecnolóxica a desenvolver.

Alfonso García Tobío
Juan Carlos Pardo Pérez

Actualización de fírgoa

Actualización da plataforma tecnolóxica de fírgoa

Desde o pasado día 26, e aproveitando o período de menor actividade, estamos a realizar unha actualización de fondo da plataforma tecnolóxica de fírgoa, polo que o servicio estivo parado ata o día de hoxe.

Polo momento fixéronse as seguintes actualizacións:

  • De Suse Linux 8.2 a 9.1
  • Kernel 2.4 a 2.6
  • Apache 1 a 2
  • MySQL 3 a 4
  • Reestructuración do sistema de ficheiros

Nos próximos días, ao longo do mes de Agosto, procederase a unha gradual actualización das aplicacións específicas:

  • Drupal
  • Moodle
  • Jabber
  • AwStats
  • Webalizer

Durante este período pode que observe algún problema no funcionamento de fírgoa. Pregámoslle que nos disculpe.

moodle conference!

moodle conference! - MoodleMoot 04
The first UK and International one-day conference for users and developers of moodle will be taking place in Oxford, England, in July 2004. Please come along, contribute, and meet fellow moodlers! More information can be found at: http://www.oxilp.ac.uk/moodlemoot_04/
(Moodle)

Over 20,000 registered Moodle sites!!

Over 20,000 registered Moodle sites!! - Wow! The response to my earlier call for registrations has been absolutely fantastic!

Currently we have over 20,000 registered Moodle sites around the world in 210 countries!

We had no idea all of you were out there. Thank you to everyone who registered their sites!
(Moodle)

fírgoa implementa Jabber como servicio de mensaxería instantánea

Despois de diversas probas,  fírgoa acaba de implementar un servidor de Jabber para mensaxería instantánea. Jabber é unha aplicación opensource dirixida a facilitar a comunicación entre persoas mediante o emprego de mensaxes instantáneas, constituíndo unha alternativa de código libre ao Messenger de Hotmail ou á mensaxería instantánea de Yahoo. Pode accederse ao servicio de mensaxería desde o enlace mensaxería da páxina principal de fírgoa.

Caída de webalizer en fírgoa

O día 9 de marzo producíuse unha caída en Webalizer, polo que os acceso dese día non foron adecuadamente recollidos.

fírgoa implementa a aplicación Webalizer co fin de facer máis transparente o seu uso

fírgoa implementa a aplicación Webalizer co fin de facer máis transparente o seu uso

(Implementación realizada por Juan Antonio Valiño García e Francisco José Rodríguez Castro)

O pasado venres, fírgoa instalou, como parte do seu contorno, a aplicación open source Webalizer, un rápido e gratuíto programa analizador de arquivos .log dun servidor de Internet. Webalizer proporciona unha visión detallada, e permanentemente actualizada polo sistema, dos movementos dun sitio web; Webalizer é doadamente configurable, e presenta os informes en formato HTML para poder visualizalos cun navegador web normal.  O código fonte de Webalizer está dispoñible baixo a licencia pública xeral GNU.

Co fin de facer máis transparente o uso que de fírgoa fan os seus participantes, preséntanse públicamente, no enlace estatísticas da páxina principal, os resultados da análise que permanentemente realiza Webalizer.

7. Referencia bibliográficas

Adell, J. (1998): Redes y educación. En de Pablos, J. e Jiménez, J. (Eds.), Nuevas Tecnologías. Comunicación Audiovisual y Educación. Barcelona: Cedecs.

6. A titulación de Psicopedagoxía: modelo experimental


  1. A Facultade de Ciencias da Educación debe exercer o liderado pedagóxico na USC.

  2. Liderar quere dicir promover, orientar e coordinar un proxecto colectivo, convencendo á maioría de que o

5.5.12.5.3 Fontes de financiamento

A Facultade deberá buscar novos e creativos medios de financiamento dos custos das Tecnoloxías da Información, incluíndo o partenariado co sector privado, acordos de colaboración con outras universidades, de forma privilexiada

Distribuir contido