WiFi: futuro inmediatoAínda son poucas as persoas que, habendo baixado da Rede unha película (probablemente coqueteando cos
límites do ético e o legal) poidan pasala sen fíos ao seu televisor
para disfrutala (sempre que a súa concencia lle lo permita) co resto da familia.
Unha nova xeración de
equipos, xa en fabricación, que incorporan circuitos impresos, permitirá
dispoñer de tecnoloxía WiFi e, con eles, o que se ven denominando
pervasive
computing: a capacidade de dispoñer de capacidade de cálculo e
transmisión de datos en calquera equipo fixo ou móbil.
Business Week fala xa das novas redes WiFi, que combinarán
esta tecnoloxía coa celular, e que os operadores de todo o mundo están
despregando. As redes permitirán o acceso sen fíos desde calquera equipo á Rede, así como a comunicación entre eles.
O novo mundo de conexión sen fíos xerará novos modelos de negocio "á carta".
Segundo
Business Week, IBM está á cabeza desta tecnoloxía, cun software que permite cambiar de
contornos
WiFi, satélite e sistemas celulares avanzados como os despregados en EEUU por
Verizon e
Cingular. O software de
Cingular cambia automáticamente o acceso Web dunha rede á outra, e no futuro, segundo
o artigo, poderá seleccionar a rede máis adecuada ao mellor
custo dependendo da aplicación que estea utilizando o usuario (por
exemplo, vídeo). Outro software permitirá consolidar os cargos das distintas
redes e cobralos a través dunha sóa factura. Tamén, no futuro será
posible facer chamadas WiFi, vía Internet, con teléfonos móbiles IP
especialmente adaptados para traballos específicos, como médicos, hospitais,
etc.
802.11n é o estándar que, unha vez aprobado pola
IEEE, permitirá utilizar velocidades de ata 200 MB. Este tipo de velocidades
farán
posible transferencias de gran tamaño, como a película descargada desde o PC ao
televisor.
O problema máis grave para o
avance destas tecnoloxías é a falla de estándares unificados entre os
distintos fabricantes de equipos.