Reunión

International Day of Debates on the Emergence of a Global Precarious Insecure Employment System


www.jist2007.org

Working Lives Research Institute - London Metropolitan University

31 Jewry Street

London EC3N 2EY

England

G8 Summit 2006: Spotlight on Education


en.g8russia.ru/

San Petersburgo

Rusia

II Cumbre Mundial sobre la Sociedad de la Información y las Autoridades Locales


A través de la Cumbre de Bilbao, las Autoridades Locales pretenden contribuir a la puesta en marcha de un Acuerdo Mundial en favor de la Solidaridad Digital que congregue a todos los actores. Para ello, las Autoridades Locales:


Palacio de Congresos y de la Música Euskalduna

Avda Abandoibarra 1

Bilbao

País Vasco

Primer encuentro en línea de educación y software libre


Hablando de las tecnologías de información y comunicación el modelo del software libre representa un punto de inflexión que esta modificando el modelo de producción imperantes en el desarrollo de software, pero esta modificación puede que sea lo menos importante.


México Distrito Federal

México

Presentación do programa do BNG para o Sistema Universitario de Galiza

Presentación do programa do BNG para o Sistema Universitario de Galiza

(Recibido por correo electrónico)

Os problemas das universidades galegas non son algo descoñecido para quen traballades a cotío no seu seo, e das súa causas seguro que tamén tedes unha fundada opinión. Por iso desde o BNG queremos falar convosco das solución que propoñemos, e facelo dun xeito participativo e eficaz, contando con todos os membros da comunidade universitaria como parte interesada tamén no proxecto de construción do país en que estamos inmersos e no cal as próximas eleccións autonómicas do 19 de xuño son un fito importantísimo.

Contando coas opinións de persoas de todos os sectores universitarios, do mesmo xeito que co resto dos sectores, foi como elaboramos o noso programa para a próxima lexislatura na que tanto nos xogamos todos e todas. Agora queremos dárvolo a coñecer e contrastalo tamén coas opinións de todas as persoas que queirades falar dun cambio galego para este país.

Para falarmos de maneira específica da creación dun verdadeiro sistema universitario galego baseado na cooperación, do financiamento e da regulación a través dunha lei de universidades de Galiza, das nosas propostas para a converxencia no espazo europeo de ensino superior, da política de bolsas ou das medidas concretas para apoiar a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico, queremos convidarvos a un encontro que terá lugar o luns 23 de maio ás 19.30 horas na Facultade de Historia.

Neste acto participarán tres dos nosos candidatos/as pola provincia da Coruña que son tamén membros da comunidade universitaria: Ánxela Bugallo, Xesús Veiga e Iria Aboi. Agardamos contar contigo e coa túa participación activa.

Un saúdo cordial.

BNG – Compostela

I Encuentro Internacional de Rectores Universia

I Encuentro Internacional de Rectores Universia

Programa

En el marco de las actividades conmemorativas del 500 aniversario de la fundación de la Universidad de Sevilla, hemos programado, contando con el auspicio del CUIB (Consejo Universitario Ibero-americano), la celebración del Primer Encuentro Internacional de Rectores de Universia, para los días 19 y 20 de mayo del 2005.

Esto coincide también con el hecho de que Universia cumple 5 años desde su creación. Hemos logrado crear una red de 10 portales que aglutina a 843 Universidades de Argentina, Brasil, Chile, Colombia, España, México, Perú, Portugal, Puerto Rico y Venezuela. El trabajo de estos años nos ha permitido contar con un proyecto maduro y crear la primera comunidad universitaria en internet y sentir la necesidad de abrir un nuevo ámbito de encuentro y reflexión que complemente el funcionamiento de los diferentes órganos de gobierno societarios y la labor de asesoramiento que lleva a cabo su Consejo Asesor Internacional.

El proyecto es examinar en común el estado actual de Universia y reflexionar sobre las ideas y propuestas que puedan ayudarnos a contribuir, de la manera más eficaz y eficiente posible, a que nuestras Universidades lideren el desarrollo de la sociedad del conocimiento en nuestras comunidades, así como a promover avances en la creación del espacio común iberoamericano de la educación superior y de la investigación.

En estos días se celebrarán la Junta General de Accionistas de Universia España, la reunión del Consejo Asesor Internacional, la Asamblea plenaria del CUIB y reuniones de los órganos ejecutivos de diversas redes universitarias iberoamericanas, coincidiendo con el Encuentro Internacional de Rectores.

Esperamos contar, en esta maravillosa ciudad española, con la asistencia de los Rectores de las Universidades socias de la red Universia de Argentina, Brasil, Chile, Colombia, España, México, Perú, Portugal, Puerto Rico y Venezuela, así como también de los presidentes de las asociaciones de Rectores y Universidades del CUIB. Nuestro deseo es acoger propuestas y comunicaciones que puedan aportar riqueza a este Primer Encuentro Internacional de Rectores.

Venimos trabajando para que el encuentro sea del máximo interés para la comunidad Universia y para que podamos tener el máximo respaldo institucional. Confiamos, asimismo, contar con su participación

Primer Encuentro Internacional de Expertos en Educación a Distancia" LINK CHILE 2004

Primer Encuentro Internacional de Expertos en Educación a Distancia" LINK CHILE 2004

11 a 12 de Novembro de 2004

La Universidad Tecnológica Metropolitana a través de la Utemvirtual organiza el "Primer Encuentro Internacional de Expertos en Educación a Distancia" LINK CHILE 2004, que tiene como objeto compartir, analizar y reflexionar sobre las experiencias en Educación a Distancia relacionadas con el aseguramiento de la calidad de los programas de estudio académicos impartidos en esta modalidad, la que sin lugar a dudas ha gatillado el debate en todo el mundo.

Objetivos:

  • Compartir, analizar y reflexionar sobre las experiencias en Educación a Distancia a través de medios tecnológicos en la Enseñanza Superior, en el ámbito nacional e internacional.
  • Debatir en torno a la acreditación de programas académicos dictados a distancia a través de internet.
  • Generar un Proyecto de Acreditación de la Educación a Distancia en Chile y en Latinomérica.
  • Compartir y difundir las conclusiones obtenidas, su importancia y su impacto social.

USC: Consello de Goberno

USC: Consello de Goberno

Orde do día

  1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión.
  2. Informe do Sr. reitor
  3. Informe dos vicerreitores, do xerente e do secretario xeral.
  4. Informe sobre o proxecto de Plan de Financiamento 2005-2010 do S.U.G.
  5. Plan de Calidade da USC
  6. Creación dunha unidade Sistemas de Información Territorial (SIT) da RIAIDT.
  7. Autorización para adaptar a Relación de Postos de Traballo do Persoal de Administración e Servizos á evolución do cumprimento do acordado polo Consello de Goberno en materia de promoción.
  8. Reorganización dos departamentos Métodos e Técnicas de Investigación en Ciencias do Comportamento e da Educación e Psicoloxía Social e Básica.
  9. Aprobación definitiva das actuacións en materia de PDI derivadas do acordo para a aplicación do Plan de Equilibrio Económico e Financeiro
  10. Prazas de profesorado.
  11. Profesores eméritos.
  12. Cambio de área
  13. Comisión de servizos.
  14. Prezos de matrícula do Centro de Línguas Modernas.
  15. Prezos de matrícula de alumnos visitantes.
  16. Abono de gastos pola xestión dos impagos da matrícula.
  17. Designación do representante do Consello de Goberno no Consello do Centro de Estudos Turísticos (CETIJR).
  18. Recursos.
  19. Convenios.
  20. Asuntos económicos.
  21. Asuntos de trámite.
  22. Rogos e preguntas.

USC: Reunión de Profesores Asociados afectados polo Plano de Equilibrio Económico-Financeiro

USC: Convocatoria para reunión de Profesores Asociados afectados polo Plano de Equilibrio Económico-Financeiro

(Recibido por correo electrónico)

Ante las noticias aparecidas en la prensa y los datos dados por el equipo rectoral a los miembros de la mesa de negociación para la reducción del Capitulo I de los presupuestos, que incluyen la intención de reducción de un número significativo (pero no cuantificado) de plazas de profesorado y pese a que los profesores asociados somos el colectivo más afectado, no hemos tenido ninguna información directa ni por parte del equipo rectoral ni por parte de los sindicatos acerca de los términos en los que dicha negociación pretende llevarse a cabo.

Por eso, un grupo de profesores asociados te invitamos a participar en una reunión de profesores asociados, que se celebrará este jueves, 17 de Junio a las 19 horas en el seminario 2 de la Escuela de Relaciones Laborales, con el fin discutir la situación de cada uno de nosotros, ofrecer alternativas a la indeseable solución que se nos plantea y conocer la posición de los sindicatos, a los cuales vamos a invitar a participar en la reunión.

Esperamos contar con tu presencia

USC: CC.OO. e UGT convocan: Asamblea informativa do PAS

USC: CC.OO. e UGT convocan: Asamblea informativa do PAS

(Recibido por correo electrónico)

Co fin de dar conta da situación na negociación para a aplicación do Plan de Equilibrio Económico-Financeiro, no que se refire a PAS.

USC: Asemblea extraordinaria do persoal laboral do campus de Santiago para a revogación do Comité de Empresa

Os abaixo asinantes, de acordo co artigo 67.3, parágrafo segundo do Estatuto dos Traballadores, convocamos unha

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

do persoal laboral do campus de Santiago para a revogación do Comité de Empresa do campus de Santiago da Universidade de Santiago de Compostela

(Pode descargarse en formato DOC)

DATA: 22 de xuño do 2004.
HORA: Ás 11 horas
LUGAR: Auditorio da universidade, ou, de non ser posible, nos locais sindicais.

Coa seguinte orde do día:

PUNTO ÚNICO:

Votar a proposta de revogación do mandato dos representantes no Comité de Empresa do campus de Santiago da USC, que se estende a todos os integrantes de todas as listas presentadas ás eleccións correspondentes, electos, non electos e suplentes, e votar tamén, no mesmo acto e coa mesma papeleta, a proposta de promoción do proceso electoral correspondente para a elección, se procedera, dos novos delegados neste órgano. O proceso de revogación desenvolverase do seguinte xeito:

  1. A votación celebraráse nunha urna que estará situada no lugar de celebración da asemblea.
  2. A votación da revogación é única, polo que os dous colexiós (técnicos e administrativos e éspecialistas e non cualificados), o farán conxuntamente na mesma urna.
  3. A urna permanecerá aberta para votar desde as 11:00 hs ata as 19:00 hs.
  4. A asemblea será presidida polo Comité de Empresa, órgano que ten adxudicada por lei esa responsabilidade, é dicir, ten o dereito pero tamén a obriga de facelo se a convocatoria está realizada en tempo e forma, e cumprindo os requisitos esixidos na lexislación, xa que de non facelo estaría impedindo de xeito ilexítimo o exercicio do dereito a celebrar a asemblea de revogación. De suceder este suposto, os asinantes desta convocatoria, dacordo con procedementos admitidos en varias sentencias, establecemos que a asemblea constituirase validamente presidida por unha mesa integrada polos membros do Comité de Empresa que asuman dita responsabilidade (bastará coa presencia dun delegado do Comité de Empresa para iniciarse esta sesión validamente), e de non existir ningún, ou de ser necesario pola escaseza do número, será presidida pola comisión electoral establecida nesta convocatoria. No caso de que o presidente/a do Comité de Empresa non asuma as súas responsabilidades, os que finalmente integren a mesa segundo os criterios establecidos máis atrás, escollerán entre eles, un presidente/a para dirixir e moderar a asemblea.
  5. O Comité de Empresa, que preside a asemblea, actuará como mesa electoral durante a votación e o seu presidente/a actuará como presidente/a da mesa. No suposto de que a asemblea sexa presidida pola comisión electoral, será dita comisión a encargada de actuar como mesa electoral.
  6. Para garantir a transparencia, a legalidade e o cumprimento dos requisitos establecidos nesta convocatoria, constituirase o día 7 de xuño, a máis tardar, unha comisión electoral que estará integrada por un representante de cada sindicato presente no Comité de Empresa (a menos que renuncien a facelo), os tres primeiros asinantes da revogación, e polo presidente/a e polo secretario/a do Comité de Empresa que actuarán como tais na comisión electoral, este último con voz pero sen voto. No caso de que estes últimos non aceptaren estas funcións, serán substituídos por un presidente/a e un secretario/a elixidos polos restantes membros da comisión electoral entre eles mesmos. Neste caso, o secretario/a electo terá voz e voto por ser membro pleno da comisión. Exceptuando o suposto en que o Comité de Empresa na súa totalidade non asuma a súa obriga de presidir a asemblea de revogación, esta comisión electoral cesará nas súas funcións no momento de constituírse a asemblea o día 22 de xuño, e trasladará por medio do seu presidente/a o resultado das súas actuacións e a documentación (incluídos os votos por correo recibidos) á presidencia da asemblea, que a partir dese momento asumirá as funcións da comisión electoral. Só no suposto de que a comisión electoral pasara a converterse en presidencia da asemblea en exclusiva, por negativa de todos os membros do Comité de Empresa a asumir a súa responsabilidade, este traslado de documentación poderá entenderse realizado de feito. Ata a data e a hora de comezo das reunións da asemblea, a comisión electoral actuará en pleno, e na súa primeira xuntanza, que nos locais sindicais do , determinará o lugar de celebración das mesmas e a dirección a efectos de comunicacións.
  7. Os censos son solicitados á empresa neste punto pola presente convocatoria. Esta está obrigada a facilitalos como nos procesos de elección sindical, e deberán estar a disposición dos asinantes da convocatoria desta revogación e dos revogados nas seguintes 24 horas posteriores á recepción desta convocatoria.
  8. Os censos serán serán expostos ó público nos Locais Sindicais desde o primeiro día que estén dispoñibles, que debería ser o venres 4 ou o sábado 5 de xuño como moi tarde. Poderán realizarse reclamacións ata 72 horas antes da votación. As reclamacións serán estudiadas e resoltas pola comisión electoral. Os censos definitivos estarán publicados 24 horas antes da asemblea.
  9. A comisión electoral encargarase da preparación dos sobres de votación, das papeletas de votación e dos sobres de votación por correo, así como da revisión das reclamacións ó censo, preparación de urnas, etc.
  10. Os sobres de votación serán todos da mesma cor, e levarán impreso “votación da proposta de revogación” no centro da cara principal.
  11. Os sobres de remisión do voto por correo, que serán máis grandes que os sobres de votación, levarán impreso no centro da cara principal “votación por correo da proposta de revogación”, e debaixo a dirección da comisión electoral á que debe ser dirixido. Na base da cara principal do sobre asinarán o presidente da comisión electoral á esquerda e un representante dos asinantes á dereita. O solicitante deberá correr cos gastos de correos en principio, pero poderá acreditarllos ó comité para que llos reembolse unha vez rematado o proceso.
  12. As papeletas serán impresas e fotocopiadas en número suficiente dacordo co censo. Haberá tres tipos de papeleta segundo o modelo que se adxunta a esta convocatoria:
  • Papeletas co seguinte texto: Voto SI á proposta de revogación e á proposta de promoción das eleccións correspondentes.
  • Papeletas co seguinte texto: Voto NON á proposta de revogación e á proposta de promoción das eleccións correspondentes.
  • Papeletas en BLANCO.
  1. Garantizarase o voto por correo, para o cal arbitrarase o seguinte procedemento:

    a. O presidente/a do Comité de Empresa, calquera dos sindicatos presentes no comité e os asinantes desta convocatoria están autorizados para dar a coñecer entre todos os interesados estas normas de votación por correo desde o mesmo día en que a convocatoria sexa entregada na Oficina Pública de Rexistro.

    b. Ata o 10 de xuño estará aberto o prazo de recepción de solicitudes de voto por correo.

    c. A solicitude consistirá nun escrito persoal solicitando o voto por correo no que necesariamente se indicará unha dirección para remitir a documentación do voto (non haberá impreso oficial e será válido o redactado por cada interesado), acompañando unha fotocopia do D.N.I.

    d. O 11 de xuño a comisión comprobará que os solicitantes están nos censos correspondentes, no caso de non figurar, a mesa considerará a propia solicitude de voto como unha reclamación ó censo, e dará lugar a comprobación correspondente. Se dita comprobación resultara positiva incorporarase como corrección no censo correspondente, e surtirá os mesmos efectos que se describen a continuación para o caso de figurar no censo. No caso de resultar negativa notificaraselle a imposibilidade de exercer o voto por correo e a posibilidade de presentar unha reclamación que lle posibilite, de ser afirmativa a súa resposta, exercer o voto o día da votación.

    e. O mesmo día, unha vez verificado o dereito a voto do solicitante remitiráselle á dirección indicada na solicitude, nun sobre normal, sen identificación externa e dun tamaño máis grande que os demais sobres a utilizar, a seguinte documentación:

  • i. Un sobre grande, valeiro e aberto, coa dirección da mesa de votación da revogación impresa no centro e as sinaturas do presidente/a da comisión e dun dos membros da comisión asinantes da convocatoria de revogación, tal como se describe no punto 11.
  • ii. Un sobre de votación da revogación, aberto e valeiro.
  • iii. Unha papeleta de cada opción de voto establecidas nesta convocatoria de revogación.

f. Unha vez recibida a documentación, o solicitante introducirá unha das papeletas ou ningunha, no sobre de votación, pechará este sobre e introducirao, xunto cunha fotocopia do DNI, no sobre máis grande que ten a dirección da mesa de votación e deberá remitir este sobre o antes posible. Na solapa na que se identifica o remitente, deberá figurar o nome completo do votante. Para ser considerado válido, o voto deberá recibirse na mesa de votación, antes de rematar o horario establecido para votar do día 22 de xuño.

g. Ó rematar o horario de votación, o presidente/a da mesa procederá a identificar cada un dos sobres de votación por correo. Primeiro comprobará que os sobres de remisión do voto son os preparados pola comisión electoral para tal efecto, se cumpren este requisito procederá a abrilos un a un, verificando en cada caso e antes de abrir o seguinte, que dentro vén unha fotocopia do DNI do solicitante e o sobre de votación, no caso de ser isto correcto comprobará se o solicitante figura no censo e asi mesmo e comprobará que non exerceu o voto durante a xornada de votación. Se cumple estes últimos dous requisitos, procederá a introducir o voto na urna e a abrir o seguinte voto por correo.

h. Unha vez rematado o procedemento de verificación e introducción do voto por correo na urna, procederán a votar os membros da mesa.

  1. Unha vez rematada a votación, a mesa presidencial da asemblea que actúa de mesa electoral, procederá ó reconto dos votos e levantará acta dos resultados. Dita acta será elaborada por triplicado e será asinada cada unha delas por todos os seus integrantes, entregandose dúas copias ó primeiro asinante da convocatoria. O representante dos asinantes (primeiro asinante) deberá realizar a tramitación legal correspondente dos resultados da votación no suposto de que esta resultara afirmativa e a revogación fora aprobada.

A presente convocatoria notifícase con máis de dez días hábiles de antelación á Oficina Pública de Rexistro, á empresa Universidade de Santiago de Compostela e o Comité de Empresa do campus de Santiago, e daráselle publicidade nos taboleiros de anuncio dos traballadores.

A revogación, de ser aprobada, será comunicada á Oficina Pública de Rexistro, á empresa e ós traballadores nos taboleiros de anuncios.

A efectos da oficina púbica de rexistro, este mesmo escrito da por realizado o preaviso de eleccións, que entendemos pode ser necesario cando se promove a revogación de todos os representantes dun órgano, sen perxuizo de que o mesmo só surta efecto no caso de aprobarse a proposta e de que deba ser complementado unha vez realizada dita asemblea, para o cal tamen se somete a votación a correspondente promoción de eleccións ao Comité de Empresa de Santiago da USC.

Os asinantes desta convocatoria de revogación consideran suficientemente debatidos os motivos da mesma, pero de considerar os revogados necesario máis debate, é posible por parte do órgano revogado convocar unha asemblea de debate con anterioridade a asemblea de votación da revogación. Neste suposto, e dado que se dispón de tempo máis que suficiente, consideramos que a mesma debería celebrarse, no seu caso, antes dás 48 horas precedentes a asemblea de revogación, para evitar a superposición das mesmas.

USC: Asemblea extraordinaria do persoal funcionario para a revogación da Xunta de persoal funcionario

Os abaixo asinantes, de acordo co artigo 20 da lei 9/1987 de 12 de xuño, convocamos unha

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

do persoal funcionario para a revogación da Xunta de persoal funcionario da Universidade de Santiago de Compostela

(Pode descargarse en formato DOC)

DATA : 22 de xuño de 2004.
HORA : Ás 11 horas.
LUGAR : en Santiago:
Locais sindicais da USC, Avda. das Ciencias s/n, Campus Sur, (local común dos órganos de representación)
en Lugo :
Vicexerencia do campus de Lugo.

coa seguinte orde do día:

PUNTO ÚNICO:

Votar a proposta de revogación do mandato dos representantes na Xunta de persoal funcionario da Universidade de Santiago de Compostela, que se extende a todos os integrantes de todas as listas presentadas as eleccións correspondentes, electos, non electos e suplentes, e votar tamén, no mesmo acto e coa mesma papeleta, a proposta de promoción do proceso electoral correspondente para a elección, se procedera, dos novos delegados neste órgano, segundo as seguintes condicións:

  1. As xuntanzas de Santiago e de Lugo se consideran reunións parciais dunha mesma asemblea a todos os efectos.
  2. A votación celebraráse en urnas que estarán situadas no lugar de celebración da asemblea.
  3. A votación da revogación é única, polo que os dous colexiós (técnicos e administrativos e éspecialistas e non cualificados), o farán conxuntamente na mesma urna.
  4. A urna permanecerá aberta para votar desde as 11:00 hs ata as 19:00 hs.
  5. A asemblea será presidida pola Xunta de Persoal, órgano que ten adxudicada por lei esa responsabilidade, e dicir, ten o dereito pero tamén a obriga de facelo se a convocatoria está realizada en tempo e forma, e cumprindo os requisitos esixidos na lexislación, xa que de non facelo estaría impedindo de xeito ilexítimo o exercicio do dereito a celebrar a asemblea de revogación. De suceder este suposto, os asinantes desta convocatoria, dacordo con procedementos admitidos en varias sentencias, establecemos que a asemblea constituirase válidamente presidida por unha mesa integrada polos membros do Xunta de Persoal que asuman dita responsabilidade (bastará coa presencia dun delegado da Xunta de Persoal para iniciarse esta sesión válidamente), e de non existir ningún, o de ser necesario pola escasez do número, será presidida pola comisión electoral establecida nesta convocatoria. No caso de que o presidente da Xunta de Persoal non forme parte da mesma, escollerán entre eles, si fora necesario, un presidente para dirixir e moderar a asemblea.
  6. A Xunta de Persoal actuará como mesa electoral durante a votación e o seu presidente actuará como presidente da mesa. No suposto de que a asemblea sexa presidida pola comisión electoral, será dita comisión a encargada de actuar como mesa electoral.
  7. Para garantir a transparencia, a legalidade e o cumprimento dos requisitos establecidos nesta convocatoria, constituirase o día 5 de xuño unha comisión electoral que estará integrada por un representante de cada sindicato presente na Xunta de Persoal, a menos que renuncien a facelo, os tres primeiros asinantes da revogación, e polo presidente e o secretario do comité que actuarán como tais na comisión electoral. No caso de non aceptar estas funcións seran substituídos por un presidente e un secretario elexidos por e entre aqueles, que acepten, entre os mencionados, constituir a comisión electoral. Exceptuando o suposto en que a Xunta de Persoal non asuma presidir a asemblea de revogación, esta comisión electoral cesará nas súa funcións no momento de constituirse a asemblea o día 22 de xuño, e trasladará por medio do seu presidente o resultado das súas actuacións á presidencia da asemblea.
  8. Os censos son solicitados á empresa neste punto pola presente convocatoria. Esta está obrigada a facilitalos como nos procesos de elección sindical, e deberán estar a disposición dos asinantes da convocatoria desta revogación e dos revogados nas seguintes 24 horas posteriores á recepción desta convocatoria.
  9. Os censos serán serán expostos ó público nos Locais Sindicais desde o primeiro día que estén dispoñibles, que debería ser o venres 4 ou o sábado 5 de xuño como moi tarde. Poderán realizarse reclamacións ata 72 horas antes da votación. As reclamacións serán estudiadas e resoltas pola comisión electoral. Os censos definitivos estarán publicados 24 horas antes da asemblea.
  10. A comisión electoral encargarase da elaboración dos sobres de votación, das papeletas de votación e dos sobres de votación por correo.
  11. Os sobres de votación serán todos da mesma cor, e levarán impreso “votación da proposta de revogación” no centro da cara principal.
  12. Os sobres de remisión do voto por correo, que serán máis grandes que os sobres de votación, levarán impreso no centro da cara principal “votación por correo da proposta de revogación”, e debaixo a dirección da comisión electoral á que debe ser dirixido. Na base da cara principal do sobre asinarán o presidente da comisión electoral á esquerda e un representante dos asinantes á dereita. O solicitante deberá correr cos gastos de correos en principio, pero poderá acreditarllos ó comité para que llos reembolse unha vez rematado o proceso.
  13. As papeletas serán impresas e fotocopiadas en número suficiente dacordo co censo. Haberá tres tipos de papeleta segundo o modelo que se adxunta a esta convocatoria:
  • Papeletas co seguinte texto: Voto SI á proposta de revogación e á proposta de promoción das eleccións correspondentes.
  • Papeletas co seguinte texto: Voto NON á proposta de revogación e á proposta de promoción das eleccións correspondentes.
  • Papeletas en BLANCO.
  1. Garantizarase o voto por correo, para o cal arbitrarase o seguinte procedemento:

I. O presidente da Xunta de Persoal, calquera dos sindicatos presentes no comité e os asinantes desta convocatoria están autorizados para dar a coñecer entre todos os interesados estas normas de votación por correo desde o mesmo día en que a convocatoria sexa entregada na Oficina Pública de Rexistro.

II. Ata o 11 de xuño estará aberto o prazo de recepción de solicitudes de voto por correo.

III. A solicitude consistirá nun escrito persoal solicitando o voto por correo no que necesariamente se indicará unha dirección para remitir a documentación do voto (non haberá impreso oficial e será válido o redactado por cada interesado), acompañando unha fotocopia do D.N.I.

IV. XX: A mesa comprobará que os solicitantes están nos censos correspondentes, no caso de non figurar, a mesa considerará a propia solicitude de voto como unha reclamación ó censo, e dará lugar a comprobación correspondente. Se dita comprobación resultara positiva incorporarase como corrección no censo correspondente, e surtirá os mesmos efectos que se describen a continuación para o caso de figurar no censo. No caso de resultar negativa notificaraselle a imposibilidade de exercer o voto por correo e a posibilidade de presentar unha reclamación que lle posibilite, de ser afirmativa a súa resposta, exercer o voto o día da votación.

V. Unha vez verificado o dereito a voto do solicitante se lle remitirá á dirección que este indicou na solicitude, nun sobre normal, sen identificación externa e dun tamaño máis grande que os demais sobres a utilizar, a seguinte documentación:

a. Un sobre grande vacio e aberto, coa dirección da mesa de votación da revogación impresa no centro e as sinaturas do presidente da mesa e outra dun dos asinantes da convocatoria de revogación na base do sobre polo lado que se pon a dirección.

b. Un sobre de votación da revogación, aberto e vacío.

c. Unha papeleta de cada opción de voto establecidas nesta convocatoria de revogación.

VI. Unha vez recibida a documentación, o solicitante introducirá unha das papeletas ou ningunha, no sobre de votación, pechará este sobre e introducirao, xunto con unha fotocopia do DNI, no sobre máis grande que ten a dirección da mesa de votación e deberá remitir este sobre o antes posible. Para ser considerado válido, o voto deberá recibirse na mesa de votación, antes de rematar o horario establecido para votar do día 22 de xuño.

VII. O rematar o horario de votación, o presidente da mesa procederá a identificar cada un dos sobres de votación por correo. Primeiro comprobará que os sobres de remisión do voto son os preparados pola mesa a tal efecto, si cumplen este requisito procederá a abrilos un a un, verificando en cada caso e antes de abrir o seguinte, que dentro ven unha fotocopia do DNI do solicitante e o sobre de votación, no caso de ser esto correcto comprobará si o solicitante figura no censo e asi mesmo, comprobará que non exerceu o voto durante a xornada de votación. Si cumple estos últimos dous requisitos, procederá a introducir o voto na urna e a abr¡r o seguinte sobre de remisión.

VIII. Unha vez rematado o procedemento de verificación e introducción do voto por correo na urna, procederán a votar os membros da mesa.

  1. Unha vez rematada a votación, a mesa presidencial da asemblea que actúa de mesa electoral, procederá ó reconto dos votos e levantará acta dos resultados. Dita acta será elaborada por triplicado e será asinada cada unha delas por todos os seus integrantes, entregandose dúas copias ó primeiro asinante da convocatoria. O representante dos asinantes (primeiro asinante) deberá realizar a tramitación legal correspondente dos resultados da votación no suposto de que esta resultara afirmativa e a revogación fora aprobada.

A presente convocatoria notifícase con máis de dez días hábiles de antelación á Oficina Pública de Rexistro, á empresa Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Persoal da USC, e daráselle publicidade nos taboleiros de anuncio dos traballadores.

A revogación, de ser aprobada, será comunicada á Oficina Pública de Rexistro, á empresa e ós traballadores nos taboleiros de anuncios.

A efectos da oficina púbica de rexistro, este mesmo escrito da por realizado o preaviso de eleccións, que entendemos pode ser necesario cando se promove a revogación de todos os representantes dun órgano, sen perxuizo de que o mesmo só surta efecto no caso de aprobarse a proposta e de que deba ser complementado unha vez realizada dita asemblea, para o cal tamen se somete a votación a correspondente promoción de eleccións á Xunta de Persoal da USC.

Os asinantes desta convocatoria de revogación consideran suficientemente debatidos os motivos da mesma, pero de considerar os revogados necesario máis debate, é posible por parte do órgano revogado convocar unha asemblea de debate con anterioridade a asemblea de votación da revogación. Neste suposto, e dado que se dispón de tempo máis que suficiente, consideramos que a mesma debería celebrarse, no seu caso, antes dás 48 horas precedentes a asemblea de revogación, para evitar a superposición das mesmas.

USC: Coordenadora da Asemblea de Pas

  • Seguimento das sinaturas de revogación comités/xunta de persoal
  • Lanzamento da proposta da Asemblea sobre o financiamento das Universidades públicas galegas e a súa coordinación coas organizacións cidadás e estudiantís
  • Información dos representantes da CIG que están en nome da Asemblea na "Mesa de Barro"
Distribuir contido